Non á suba do prezo do bus
Acción promovida por Non á suba Do prezo do bus
O Goberno do PP sobe o prezo do bus, aínda sabendo que a Compañía de Tranvías obtivo substanciosos beneficios por conta das subvencións que recibe do Concello
O día 2 do pasado mes de decembro, o PP acordou en Xunta de Goberno Local subir as tarifas do prezo do autobús urbano, non só a xenérica, senón tamén o bono social destinado a persoas desempregadas, estudantes, discapacitadas e pensionistas. E isto, malia saber dos grandes beneficios que obtén a Compañía de Tranvías grazas ás subvencións excesivas que lle outorga o Concello da Coruña.
Segundo datos do Rexistro Mercantil, no 2010 a Compañía de Tranvías tiña unha necesidade de subvención de 3,1 millóns. Malia isto, o Concello achegoulle 7,3 millóns, o que significa que a empresa gañou 4,2 millóns grazas ás axudas que lle deu o Concello. Dados estes beneficios, a empresa de autobuses repartiu entre os seus accionistas 2 millóns de euros de todos os coruñeses e coruñesas.
Neste contexto, o BNG presentou unha moción, rexeitada polo PP, para que se revisase a concesión da Compañía de Tranvías e para que se fiscalizasen as contas da empresa. Tamén presentou o BNG un recurso contra a decisión da Xunta de Goberno Local de incrementar o prezo do bus, xa que o PP aplicou de xeito incorrecto a fórmula estabelecida para o cálculo da tarifa.
É inadmisíbel que o PP aprobe unha suba do prezo do autobús cando mesmo conxelou o Salario Mínimo Interprofesional e cando a crise está a afogar as familias, á vez que a Compañía de Tranvías se enriquece a conta dos usuarios e usuarias do bus.
Transmítelle ao alcalde da Coruña o teu rexeitamento á ao incremento do billete do autobús e pídelle que o baixe.
Al firmar la petición estarás enviando esta carta
Destinatario: Carlos Negreira Souto
Sr. Alcalde,
Diríxome a vostede para amosarlle a miña postura contraria á suba do prezo do autobús urbano, máxime tendo en conta o contexto de crise económica que nos está a afogar a moitas familias. E non só decidiron incrementar o prezo xeral, tamén fixeron recaer o aumento do billete nos usuarios e usuarias do bono-social, aqueles colectivos máis castigados pola situación económica, como as persoas desempregadas, as pensionistas ou os estudantes. O grave é que decidiron en Xunta de Goberno Local subir o prezo do autobús aínda coñecendo os grandes beneficios que obtén a Compañía de Tranvías grazas ás subvencións do Concello da Coruña.
Segundo as cifras do Rexistro Mercantil, no 2010 a empresa de transportes tiña unha necesidade de subvención de 3,1 millóns. Malia isto, o Concello achegoulle 7,3 millóns, o que significa que a Compañía de Tranvías gañou 4,2 millóns grazas ás axudas que lle deu o Concello. Deses 4,2 millóns, a empresa repartiu entre os seus accionistas 2 millóns de euros de todos os coruñeses e coruñesas.
E, malia isto, non hai melloras na prestación do servizo do autobús urbano en canto a liñas e frecuencias.
Neste contexto, non se pode admitir que o Goberno local aprobe a suba do prezo do billete. É por iso que lle solicito que revise á baixa as tarifas do autobús, que se revise a concesión da Compañía de Tranvías e que melloren os servizos do autobús urbano para que as liñas unan os barrios entre si, os barrios cos polígonos industriais e os barrios cos puntos estratéxicos da cidade.
Á espera de que atenda estas peticións,
Reciba un cordial saúdo.
Se constructivo en tus comentarios: aporta datos, enlaces, o señala las cuestiones que crees que deberían ampliarse (amplialas tu si puedes!). Se moderarán todos aquellos comentarios irrespetuosos que no aporten valor al tema de acuerdo a nuestras normas de uso.
Ver los comentarios (7) >>