Doodle para as Letras Galegas 2012, adicadas a Valentín Paz Andrade
Acción promovida por Juan Estévez Pin
Con esta iniciativa preténdese recadar apoio popular para conseguir que Google adique o seu logo do 17 de maio de 2012 a Valentín Paz Andrade
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Día das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro", a Academia debería consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluíndo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".
Propuñase o día 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalía llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.
Francisco Fernández del Riego (da Real Academia Galega), lembra deste xeito aquel momento histórico: "Fixen un escrito que asinaron comigo don Manuel Gómez Román e don Xesús Ferro Couselo, e sometémolo á aprobación da Real Academia Galega. A Academia aprobouno por unanimidade, e cursou a pretensión á autoridade competente”.
E naquel momento foi instituida como festa anual do Día das Letra Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque CANTARES GALLEGOS foi o primero libro galego que tivo unha significación universal.
Este ano 2012 vai estar adicado a Valentín Paz Andrade, avogado, empresario, político, poeta e xornalista.
Nacido en Lérez (Pontevedra) no ano 1898, Paz Andrade escribiu en galego e castelán ensaios literarios, históricos e económicos, nos que reflectiu a súa preocupación polo progreso de Galicia. Tamén escribiu varias obras como técnico especializado en temas pesqueiros. Como poeta pertenceu á Xeración de 1925.
Para facerlle ver a Google o apoio popular a esta iniciativa, pedimos a vosa firma.
Gracias de antemán.
Al firmar la petición estarás enviando esta carta
Destinatario: Google España
Asinando este actuable pedímoslle a Google que, na 50ª edición do Día das Letras Galegas, adiquen o seu logo do 17 de maio de 2012 a esta festividade, na que o homenexeado este ano é Valentín Paz Andrade.
Se constructivo en tus comentarios: aporta datos, enlaces, o señala las cuestiones que crees que deberían ampliarse (amplialas tu si puedes!). Se moderarán todos aquellos comentarios irrespetuosos que no aporten valor al tema de acuerdo a nuestras normas de uso.
Ver los comentarios (1) >>